Na mañá deste martes 6 de xaneiro, Día de Reis, o Concello do Bolo poñía o broche á programación do Nadal, completando a visita real polos pobos do municipio e coa representación teatral no adro do Santuario das Ermidas sobre a historia dos Reis Magos.

Tras unha intensa xornada de visitas por ata 16 concellos, o luns día 5, hoxe Melchor, Gaspar e Baltasar repartían caramelos por Chao das Donas, Valdanta, Xava, Xorxais, Paradela, Teixido, San Pedro, Fornelos, Santa Cruz e As Ermitas.

Neste punto tiña lugar a representación teatral que por segundo ano consecutivo poñía en escena a compañía ourensá Platea Lúa. A obra, que conta a chegada dos Reis de Oriente a Xerusalén e o seu encontro co Rei Herodes, así como a adoración no portal de Belén do neno Xesús representábase antes da misa do día de Reis no Santuario.

Esta representación que se deixou de facer a mediados dos anos 80 e que se recuperaba o ano pasado, contaba coa participación de moitos veciños tanto como actores como para montar todo o escenario e os disfraces.

Trala obra rezábase o rosario e a misa de Reis no interior do templo cuxas imaxes están sendo restauradas.

A última parada do Reis Magos no Bolo eran na residencia de maiores.
Fotos: Carlos G. Hervella.