CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A homenaxe á ruesa Emma Fernández abre en Viloira (O Barco) a XXXVIII edición do Encontro de Poetas

 

Leva participado practicamente en todas as edicións, e son moitas, mantendo unha vitalidade desbordante coa que máis que ler interpreta cada poema, por iso a XXXVIII edición do Encontro de Poetas do IEV que se celebra na Casa Grande Viloira (O Barco de Valdeorras) está adicado a Mª Emma Fernández Pérez.

 

 

Coa súa homenaxe, abríase na tarde deste venres 3 de xullo o encontro que contará con preto de 30 poetas de diferentes partes, principalmente de Galicia, León ou Asturias, ademais de Portugal, Perú e Arxentina. Era a a barquense María Carmen Gago organizadora de forma conxunta con Emilio Vega, a encargada de facer a semblanza sobre Emma, lendo dúas cartas escritas pola súa filla e outra poesía e entregándolle o recompilatorio que ela mesma facía dos encontros de poetas nos que participaba a homenaxeada que tamén recibía un detalle por parte do presidente do IEV, Aurelio Blanco e alcalde do Barco, Aurentino Alonso, presente no acto xunto á concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.

 

 

Despois chegaba a lectura de dos seus textos xunto a outros oito. A música corría hoxe por conta de Carlos Attadía (Compludo). Con todo o día central do encontro será mañá, sábado 4 de xullo, coa lectura dunha vintena de textos doutros tantos autores e a música da Rondalla Sones de Cúa (Cacabelos), coa posterior entrega de galardóns e a cea de confraternización.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button