A auga e o frío aparecían como convidados inesperados na I Andaina e Ruta BTT “Senda Verde do Río Xares”, que se celebraba na mañá deste 14 de marzo. A proba, con dúas modalidades de participación, contaba cuns 200 inscritos. Ambas probas eran de carácter popular e non competitivo e partían da praza do Concello da Veiga.
A ruta BTT iniciábase ás 9:15 h e consistía nun percorrido circular de 34 km, con avituallamientos sólido e líquido nos quilómetros 18 e 34. Un cuarto de hora despois poñíase en marcha a andaina para que había dúas posibilidades de percorrido: unha ruta lineal de 18 km con regreso en autobús ou outra circular de 34 km. Había avituallamientos nos quilómetros 18, 26 e 34.
Este evento deportivo remataba cun caldo ben quentiño no polideportivo.
Fotos cedidas.
