Veñen de abrirse as inscricións para a I Andaina Nocturna da Santa Compaña, organizada polo Concello de Vilamartín de Valdeorras e prevista para o vindeiro 15 de marzo. Sairase a partir das 19:30h. e os andaríns poderán asistir caracterizados como a Santa compaña (procesión de ánimas pola noite).
A andaina contará cun traxecto de 10.5 km, cuxo punto de saída serán as proximidades de Armado e que logo ascenderá ata Correxais, volvendo despois a Arnado, onde se servirá unha petiscada para os participantes e ademais farase un sorteo de agasallos e festa.
As persoas interesadas poden inscribirse en Foot on mars no Barco, na consultoría FIMAR en Vilamartin ou on line en Sportmaniacs.