Dende a praza da vila de Vilariño de Conso partía a I BTT Ruta do Cenza, que se celebraba o 27 de xuño neste municipio coa participación duns corenta ciclistas. Este evento cicloturista tiña un percorrido circular duns 48 km cun desnivel positivo de 1.400 m. Dende a praza, o trazado continuaba ata Grixoa, Mormentelos, e tamén polo encoro do Cenza, logo subía ata Chaguazoso, pasando a continuación por Castiñeira, Conso e, finalmente, remataba no mesmo punto de saída: a praza da vila.
Alí recuperaban forzas cunha comida a base de empanada, polo, panceta entrefebrado e cunha sobremesa típica de Vilariño: o Montonico.
Os participantes leváronse unha grata sorpresa durante o percorrido pola beleza da paisaxe. A proba transcorría sen ningunha incidencia contando, ademais de cos membros da organización (en mans do Concello de Vilariño e de Rutas Xanzá) cunha ambulancia e con voluntarios de Proteccion Civil da Rua e do Barco.
Fotos cedidas.




