Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

A II Andaina “Serra do Cereixido” supera á primeira edición e reúne a preto de 200 persoas na Rúa

 

Superando á primeira edición, con ganas tras a suspensión da cita o ano pasado por mor do lume, a II Andaina “Serra do Cereixido” da Rúa reunía na mañá deste domingo 4 de outubro a 180 persoas para percorrer as fermosas e dúas rutas polos montes rueses.

 

 

Chegados dende diferentes partes de Galicia, ademais de Valdeorras, con varios membros do Peña Trevinca Barco, dos Águilas Verdes de Rubiá e do Club Atletismo Rúa organizador da proba que abrían e pechaban cada unha das andaidas. A primeira, de 25 km, cun circuíto algo máis suave que na primeira edición, saía pasadas as nove con 160 inscritos e media hora despois facíao a de 17, con apenas 20 andarines.

 

 

Dende a organización agradecen a axuda de todos os colaboradores e a asistencia dos andarines, moi especialmente aos do Club Trabandainas de Noia con 67 membros na liña de saída. Tamén aos voluntarios de  diferentes agrupacións de Protección Civil que coma sempre colaboraron coa andaina.

 

 

A entrega de premios terá lugara no pavillón municipal Victorino Núñez, arredor das 14:30 horas.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button