ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeosVilamartín

A II edición do festivo ‘Vilacolor Run’ reúne a unhas 500 persoas en Vilamartín

 

Superando á primeira edición, unhas 500 persoas de todas as idades participan no Vilacolor Run 2025 que se está a celebrar en Vilamartín de Valdeorras. Correndo, andando, saltando, bailando e cubertos de polvos holi.

 

 

O programa deste evento festivo que se move entre o deporte e o lecer, comezaba en torno ás seis da tarde deste caluroso venres 20 de xuño coa recollia de dorsais no exterior do pavillón do Bañadoiro, na área recreativa vilamartinesa, e con animación ambiental a cargo de Motto, Dj principal deste evento e da Discomóvil Chocolate que xa participaran o ano pasado.

 

 

Dende o seu escenario, Rocío impartía volvía animar o ambiente cunha movida e concorrida masterclass para ir entonando o corpo e xa preto das 21 horas comezaba a carreira propiamente dita, cun percorrido duns 5 kilómetros pola vila, apto para nenos e maiores, con ata cinco puntos con reparto de polvos de cor ata chegar ao punto de partida cunha gran concentración e explosión de polvos.

 

 

O broche a este musical e animado evento, que conta tamén con inchábeis para os máis pequenos, bar e food truck poñeráo Danigon Dj, nunha color party con luces, cores e moito máis ata a madrugada.

 

 

Fotos e víedos: Mónica G. Bellver.

 

 

Back to top button