En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A II Festa da Matanza duplica a asistencia da primeira edición e reúne a unhas 530 persoas en Rubiá

 

Superando expectativas, ata o punto de ter que cambiar de ubicación, pasando da praza do Concello ao pavillón, a II Festa da Matanza de Rubiá foi todo un éxito duplicando a asistencia da primeira edición.

 

 

Así, no mediodía deste domingo 7 de decembro unhas 130 persoas enchían o pavillón municipal de Rubiá para dar conta dun completo cocido de matanza. De primeiro sopa e como prato principal carne (chourizo, lacón, orella e pata) con repolo e cachelos, para beber viño, auga e refrescos e como sobremesa, torta de roxois, café  e licores, todo elaborado e servido por Mantesil.

 

 

Entre os asistentes, acompañando á corporación municipal estaba o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

 

 

O fin de festa era o sorteo de varios lotes de produtos típicos da matanza coa propia entrada; e de centas coas rifas vendidas polos nenos para recadar cartos para o CEIP Virxe do Camiño.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button