Obxectivo cumprido. Superando a participación da primeira edición e facendo as delicias duns 200 ciclistas, se celebraba neste sábado 19 de setembro a II Quiroga Bike Marathon, a proba BTT que volvía conquistar aos amantes do mountain bike cunha experiencia aínda máis espectacular en pleno corazón da Ribeira Sacra e o Val de Quiroga.
A vila lucense era o punto de partida (ás 9 horas) da proba que de novo contaba con dous percorridos, un de 45 km e 1.300 m+, a Quiroga Bike Marathon; e outro de 65 km e 2.300 m+, a Quiroga Bike Estreme, sendo esta a preferida con 101 participantes dos cales remataban 78. Tamén se podía participar de forma individual ou en parellas, sendo a primeira a opción elixida pola maioría, para percorrer sendeiros incribles, subidas esixentes, descensos técnicos e paisaxes únicas polo concello de Quiroga e a contorna do Xeoparque Montañas do Courel, nunha proba “deseñada para desfrutar do auténtico MTB nun entorno natural incomparable”, en palabras da organización, o Oroso Club Ciclista.


Con respecto aos resultados, Saúl López (CC Maceda), impoñíase na xeral da carreira estrela, a Quiroga Bike Estreme, completando o percorrido nun tempo de 03:32:09; segundo era Diego Álvarez (Podiun Team); e terceiro Pelayo Castelo (Salvadores Bike Team). Na categoría feminina, a primeira era Leandra Gomes (Saertex Portugal), a segunda Tânia Lima (Saertex Portugal) e a terceira Eva Ortega (V Bikes Team). Na categoría EBIKE, o primeiro era Rogelio Pacios (Rutas de Bierzo); o segundo Amadeo Vega; e o terceiro Aarón Caballero (Dhg). E por parellas, os primeiros eran Jorge e Carlos Alberto (3AG); os segundos Guillermo e Armando (Lupinten); e os terceiros Modesto e Manuel (Fabero BTT).
E xa na Quiroga Bike Marathon, o gañador era Óliver Vidal (Miñor Bike) cun tempo de 02:30:55, seguido de cerca por Diego Guzmán (Bierzo Límite) e Marcos Castro (CD Atlético Aguzo). Na categoría EBIKE, o primeiro era David García (VK Bikes); o segundo Óscar Martínez (Punta Candieira); e o terceiro Carlos Vidal. Finalmente por parellas, os primeros eran Andrés e Gerónimo Augusto (Dos Eras Team); os segundos Ramón e Joaquín (Oroso QBM); e os terceiros Diego e Juan Antonio (Chanta Greira).


Fotos cedidas pola organización.