ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

A II Romaría de Pumbariños (Manzaneda) pon en valor a tradición musical galega

 

A música, o canto e o baile tradicionais galegos protagonizaban a II Romaría de Pumbariños, que se celebraba neste 6 de xullo en Manzaneda. Comezaba ao mediodía con pasarrúas pola vila de Manzaneda, tendo como punto de partida a residencia de maiores Gabino Garcá. Despois a ronda continuaba pola Cafetería Nevada e polo Restaurante O Pendón, creando un animado ambiente de festa pola localidade.

A partir de aí a celebración trasladábase ao Souto de Rozabales, declarado Monumento Natural, e que posúe o fermoso castiñeiro milenario de Pumbariños, que dá nome á romaría. Alí a veciñanza desfrutaba dun xantar a base de empanadas, tortillas, chourizos e outro tipo de produtos gastronómicos propios da zona.

A media tarde a maxia da Lúa Triangular de Jara Ortiz fixo as delicias da cativada e dos maiores demostrando e sensibilizando sobre valores. Esta actividade do contacontos estaba financiada polo Ministerio de Cultura e Deporte, Dirección Xeral do Libro e cofinanciada polo Concello de Manzaneda.

 

 

A tarde seguía cunha foliada aberta á que podía sumarse calquera persoa que o desexara.”Como conclusión da II Romería a Pumbariños, e coincidindo no día que se coñecía que as Letras Galegas 2025 se dedicarán ao cancioneiro tradicional galego, suliñamos que fortalecemos e potenciamos o noso patrimonio inmaterial da música, baile e canto en entornos senlleiros como o do Monumento Natural do Souto de Rozabales e o Castiñeiro de Pumbariños”, destacan dende o Concello de Manzaneda.

Esta romaría ten sido organizada por Outonia S Coop Galega, Conxenia e o Concello de Manzaneda.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Back to top button