EconomíaEconomíaGalerías de fotosPizarraÚltima hora

A II Xornada Técnica “Arquitectura, construción e lousa en Valdeorras”, celebrada en Ourense, en imaxes

 

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acollía este 9 de outubro a II Xornada Técnica “Arquitectura, construción e lousa en Valdeorras: un diálogo cara ao futuro de Ourense”, organizada polo Clúster da Pizarra de Galicia coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.

O encontro reunía a representantes institucionais e profesionais da arquitectura, a construción e o ámbito empresarial para reflexionar sobre a evolución do sector, as novas oportunidades de aplicación da lousa e o seu papel nos modelos construtivos do presente e do futuro.

A xornada deu continuidade a unha iniciativa que busca consolidarse como un foro de referencia para estreitar a relación entre a industria da lousa e os profesionais que interveñen no deseño e desenvolvemento dos espazos construídos.

A través dos relatorios de tres salientables especialistas (Carlos Quintáns, Daniel Hermosilla e Cristina García Fontán), o programa abordou cuestións como a presenza da lousa na arquitectura contemporánea, os desafíos da construción industrializada e a relación entre os materiais, a normativa urbanística e a paisaxe.

Nesta galería de fotos pode verse un resumo en imaxes deste encontro, que clausuraba o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila.

Fotos: O SIL.

 

 

Back to top button