ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

A III Festa da Tenreira de San Xoán de Río reúne a unhas 250 persoas

 

Cunha data modificada por mor da vaga de incendios de agosto, San Xoán de Río celebraba neste 20 de setembro a III Festa da Tenreira de Río. Esta celebración gastronómica xuntaba no pavillón municipal a unhas 250 persoas que degustaban un menú a base de empanada, saborosa costela de tenreira asada con patacas e cunha sobremesa de bica, xunto con bebidas, café e chupitos.

 

 

Este encontro gastronómico, promovido poo Concello de Río, servía ademais de complemento para o evento “I Rural SocialTech”, unha mostra pioneira que combina stands, obradoiros e relatorios para proxectar o futuro do rural, e que tiña lugar entre as 10h. e as 20h. deste sábado con diversas actividades.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button