Tras décadas case esquecidas, as Máscaras e os Mudados volverán correr pola Illa de Ons (Pontevedra) o vindeiro domingo 2 de marzo. Estas figuras propias do Entroido tradicional deste lugar serán recuperadas nunha celebración que comezará ás 12h. coa saída do Entroido e as Máscaras.
Ás 14h. está prevista unha fiada e continuará ás 15:30h. coa saída dos Mudados. Esta recuperación ten sido posible grazas ao estudo iniciado no 2018 por José Manuel Dopazo Entenza arredor desta tradición, que se perdía na illa alá polo ano 1975.
