ConcellosEn portadaO BoloÚltima horaVídeos

A intensa chuvia e o vento truncan o Via Crucis das Ermidas (O Bolo)

 

Malia que nun principio a intención era saír, e de feito, a gran cruz de madeira saía ao adro, a intensa chuvia e o vento que se deixaba sentir ás 11:30h. deste Venres Santo no Santuario das Ermidas (O Bolo), truncaban a celebración do seu tradicional Via Crucis.

Unicamente se facían as tres primeiras estacións, situadas no adro, e xa non saían os pasos habituais. Despois, un dos sacerdotes das Ermitas, José Antonio Crespo, comentaba que, dadas as condicións meteorolóxicas tan adversas, definitivamente se ía facer o resto do Via Crucis no interior da igrexa.

 

 

Pese ao mal tempo, eran moitas as persoas que, como manda a tradición, acudían camiñando dende zonas próximas como diferentes puntos de Manzaneda.

 

 

O Via Crucis concluía rozando as 13h. cunha lembranza aos antepasados, “aos maiores que dende meniños vos trouxeron a este santuario na Semana Santo, algo que seguides mantendo ata hoxe”. O sacerdote tamén incidía en que “un pobo que reza unido, permanece unido”.

No operativo do Via Crucis participaban as Agrupacións de Protección Civil do Bolo, Manzaneda, Petín e Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeos: O SIL.

Back to top button