OurenseÚltima hora

A Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil de Ourense incáutase de 10.000 artigos pirotécnicos na provincia

 

A Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda Civil de Ourense, incautouse de máis de 10.000 artigos pirotécnicos durante a celebración de festexos en diversas localidades da provincia de Ourense, entre o 1 de xuño e o 15 de setembro.

“Estas intervencións permitiron retirar da circulación produtos que estaban á venda en postos de venda ambulante, que carecían da correspondente autorización para a súa comercialización e non cumprían coa normativa de venda”, explican dende a Garda Civil.

Como consecuencia destas actuacións, os axentes procederon a formular as correspondentes denuncias por infracción ao disposto no Real Decreto 989/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de artigos pirotécnicos e cartuchería.

“A normativa establece uns requisitos estritos de almacenamento, distribución e venda co obxectivo de garantir que só se comercialicen produtos homologados, en condicións óptimas de seguridade e exclusivamente a persoas autorizadas en función dos límites de idade establecidos legalmente para cada categoría”, polo que desde a I.A.E. da Comandancia da Garda Civil remarcan “o grave perigo que supón a adquisición deste tipo de artigos en canles non autorizadas, dado o risco de accidentes graves, queimaduras ou lesións de diversa consideración”.

Por todo iso, apelan “á prudencia e lémbrase a imperiosa necesidade de acudir unicamente a establecementos autorizados, asegurando así que o uso e manexo destes produtos efectúese baixo os estándares de seguridade que marca a norma”.

Back to top button