
Entre os atletas participantes no Campionato de españa máster ao aire libre, que se desenvolverá do 20 ao 22 de xuño na Nucia, estará a lanzadora barquense Ana Raquel Revuelta, que milita no Ourense Atletismo.
A intención da atleta será volver subir a un podio nacional na proba de lanzamento de disco. Revuelta, na categoría F35, daba mostra do bo estado coa que se presenta á competición hai tres semanas, cando se proclamaba, unha vez máis, campioa galega en Santiago.