Deportes

A liga galega de tiro con arco en sala desta tempada comezará na Rúa

A primeira xornada, organizada por Arqueiros do Sil, será na fin de semana do 25 e 26 de outubro no pavillón municipal

Campionato galego de equipos en sala na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Volve a competición de tiro con arco á Rúa co inicio da liga galega de tirada en sala. A primeira xornada, organizada polo Club Arqueiros do Sil, será na fin de semana do 25 e 26 de outubro no pavillón municipal. O sábado 25 pola tarde será a competición para menores, tradicional, longbow e espido; e o domingo pola mañá para recurvos e compostos.

“Esta tempada organizaranse dúas tiradas federativas en Valdeorras, esta en outubro que organizamos nós e o Trofeo Federación que organiza Arco Barco en novembro”, explica a presidenta do club rués, Cristina Delgado, adiantando que as inscricións péchanse hoxe e levan 124 inscritos.

 

Back to top button