En portadaÚltima hora

A lousa valdeorresa, un referente mundial

O Periódico O SIL afonda na súa edición de outubro neste sector, un motor económico galego

 

Arredor do sector da lousa xira unha ampla información coa que o Periódico O SIL abre a súa edición en papel de outubro, con diversas reportaxes e entrevistas. Nela abórdase o que supón este sector, asentado no rural, a nivel socioeconómico e industrial, tanto no eido provincial como galego, pero tamén se afonda nas singularidades da lousa como material construtivo, na súa presenza en edificios emblemáticos de todo o mundo, así como nos diversos proxectos que está a desenvolver o Clúster da Pizarra de Galicia para seguir promovendo esta pedra natural a e a economía vinculada a ela, entre outras cuestións.

A edición en papel do Periódico O SIL de outubro pode atoparse en librerías e quioscos dende primeiros de outubro.

 

Back to top button