SanidadeÚltima horaVídeos

A manifestación en defensa da sanidade pública chega á praza de Viloira (O Barco)

 

Arredor das sete da tarde deste sábado 22 de novembro, tras percorrer a vía central do Barco de Valdeorras dende o Hospital Público Valdeorras, a cabeza da multitudinaria manifestación convocada pola Plataforma Sanitaria Valdeorras en defensa da sanidade pública e de calidade, chegaba á praza de Viloira.

Nese momento aínda había xente pola rúa Marcelino Suárez, preto da estación de servizo, o que dá unha idea da cantidade de xente que se reunía esta tarde para defender os seus dereitos como pacientes.

Vídeo: O SIL.

Back to top button