OurenseÚltima hora

A Media do Camiño supera os 330 participantes na súa estrea en Laza e apunta xa á segunda edición

Fabián Vidal e Carolina Álvarez impuxéronse na media maratón, mentres que David Amador e Estefanía Ramos gañaron a carreira de 11 quilómetros

 

A primeira edición da Media do Camiño reunía este domingo en Laza a 330 inscritos, unha cifra que superou as previsións da organización e marcou un exitoso debut para esta nova cita deportiva.

A proba contaba con 104 inscritos procedentes de fóra da comarca, chegados principalmente de Ourense e doutras provincias galegas, pero tamén de Portugal, Madrid, Cáceres e Baleares. A participación reflicte o interese por unha modalidade de turismo activo que combina deporte e natureza, e que a organización quere aproveitar para dar maior visibilidade ao territorio. Os bos tempos rexistrados nas dúas distancias competitivas reforzan tamén o atractivo deportivo dunha proba que aspira a facerse un oco no calendario de carreiras populares.

Fabián Vidal, Carolina Álvarez, David Amador e Estefanía Ramos, vencedores da primeira edición

Na media maratón de 21 quilómetros, Fabián Vidal conseguiu a vitoria masculina cun tempo de 1:17:22, seguido de Fernando Martín Silva (1:18:53) e Daniel Coroado (1:19:04). Na clasificación feminina, Carolina Álvarez Giménez acadou o primeiro posto cun rexistro de 1:34:32, por diante de Paula Alfonso Triguero (1:40:23) e Montse Castro González (1:54:06).

Na carreira de 11 quilómetros, David Amador Fernández impúxose na clasificación masculina cun tempo de 43:01, seguido de Rubén López Carnero (43:34) e Iván Gómez Blanco (44:47). Na categoría feminina, Estefanía Ramos foi a vencedora cun rexistro de 50:59, por diante de Lucía Martínez Pérez (53:25) e Noemí Luis Fernández (55:25).

 

 

Premios por categorías

Media maratón (21 km)
● Sénior masculino: Héctor Álvarez Rodríguez — 1:22:31
● Sénior feminino: Alba Gómez Rodríguez — 1:55:18
● Máster 1 masculino: Rubén Calvo Fernández — 1:21:11
● Máster 1 feminino: Lucía Parente — 1:58:17
● Máster 2 masculino: Damián Vega de las Heras — 1:22:40
● Máster 2 feminino: Elena Vaz — 2:13:16

Carreira de 11 km
● Sénior masculino: Iván López Greco — 47:49
● Sénior feminino: Verónica Enríquez Penín — 55:45
● Máster 1 masculino: David Cives Prado — 45:52
● Máster 1 feminino: Esmeralda Feijoo Blanco — 59:12
● Máster 2 masculino: Francisco Rodríguez Atañes — 46:32

 

 

A Media do Camiño xa mira á segunda edición

Os 330 inscritos desta primeira edición superaron as previsións de KTORCE, que xa traballa na continuidade dunha proba que levaba tempo sendo demandada na comarca. A intención é manter a convocatoria en Laza e seguir atraendo participantes de fóra do territorio, sen perder o carácter popular da cita.
A Media do Camiño está organizada por KTORCE, co apoio da Xunta de Galicia, a través do programa O teu Xacobeo, e dos concellos de Laza, Monterrei e Castrelo do Val, así como coa colaboración de Mel Aialma e O Enredo.

A organización destacou tamén a implicación das empresas locais e o traballo das máis de 30 persoas que integraron o equipo e o voluntariado, cuxa participación foi fundamental para sacar adiante esta primeira edición.

Fotos. Iris Justo.

Back to top button