OurenseÚltima hora

A mellora do viario que comunica co núcleo rural de Soutelo (Manzaneda) suporá 180.000 euros

Neste luns o Consello da Xunta vén a autorizar o acordo de cooperación entre a Consellería de Vivenda e o Concello de Manzaneda

Exterior do Concello de Manzaneda.

 

O Consello da Xunta vén de autorizar o acordo de cooperación entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Manzaneda para executar as obras de mellora do viario que comunica co núcleo rural de Soutelo, na parroquia de San Martiño, cun investimento de máis de 180.000€.

Acondicionarase o camiño municipal que une os núcleos rurais de Manzaneda e Soutelo, que actualmente conta con deficiencias na súa capa de rodaxe, drenaxe e sinalización viaria horizontal. Tamén se levarán a cabo a revisión das redes pluviais e a dotación de pequenas zonas verdes. Este camiño, coñecido como subida a Soutelo, ten unha lonxitude de 560 metros e é moi utilizado polos veciños de Manzaneda, Soutelo, San Martiño e Rozavales, xa que é o principal viario que os comunica entre eles e entronca coa estrada provincial de Manzaneda á Pobra de Trives, segundo informa a Xunta.

Esta vía tamén é empregada polos turistas que visitan estes lugares de alto valor paisaxístico, etnográfico e arquitectónico.O Goberno galego cofinanciará nun 70 % estas intervencións, achegando un investimento de 126.000€; contratará e executará as obras.O Concello de Manzaneda achegará o 30 % restante do custo das actuacións, arredor de 54.000€; redactará o proxecto das obras, realizará as xestiónspertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, ao mantemento e á conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.

Estas intervencións realízanse ao abeiro do plan Hurbe, un programa co que a Xunta colabora coas entidades locais para a execución de obras de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e de supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

Back to top button