DeportesÚltima hora

A Milla do Barco: dende meniños ata veteranos, compartindo un mesmo circuíto e unha mesma festa deportiva

Un percorrido en imaxes por esta proba, un dos referentes deportivos das Festas do Cristo cunha gran participación e gran nivel deportivo

 

Ás 18h. en punto do 14 de setembro comezaban a darse as saída da 37º Milla Urbana do Barco, un dos referentes deportivos do programa das Festas do Cristo nesta vila valdeorresa. Era a dos Sub10, a primeira das categorías de atletas que corría polo circuíto desta proba, a terceira máis antiga de España.

 

 

A partir de aí viñan diferentes categorías da base ata chegar aos populares e máster e, tras unha paréntese coas probas dos máis pequeniños (meniños de 5, 4 e 3 anos e incluso menos). Precisamente nas probas dos máis cativos, a de menos de 3 anos, o Periódico O SIL entregaba un premio ao primeiro neno e á primeira nena en chegar a meta. Desta volta eran Javier e Mara.

A partir de aí a Milla entraba na recta final coa categoría raíña, a elite, con atletas de referencia nacional e internacional, tanto na carreira masculina como na feminina. Nesta última a mellor valdeorresa era Inés Docampo, que tamén recibía un recoñecemento do Periódico O SIL.

Novamente nesta edición tiña unha gran presenza o Club Adas Cupa do Barco, se ben había atletas de puntos mo diferentes de España, seguidos por un numeroso e entregado público.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button