DeportesÚltima hora

A Milla do Barco homenaxea aos atletas valdeorreses máis destacados da pasada tempada

 

Non é só competición, tamén homenaxes e recoñecementos. Un ano máis o programa da Milla Urbana do Barco reservaba un apartado para aqueles atletas valdeorreses, de diferentes categorías, que brillaban na tempada que vén de rematar. O coordinador da Milla, Agustín González, ía dicindo os seus nomes e logros un por un, mentres se subían ao palco desta competición a partir das 19:10h.

En total recibian unha distinción 11 atletas con destacados resultados a nivel nacional. Os homenaxeados nesta ocasión eran: Irina Sánchez (subcampioa de España de triatlón infantil), Miriam Gonçalves (finalista no campionato de España de lanzamento de xavelina), Isabel Gonçalves (finalista do nacional en disco), Aaron Pérez (finalista no nacional de 60 m en pista cuberta), Mateo Valcarce (cuarto no nacional Sub16 de marcha en pista), Paula Cela (participante no campionato de España de marcha en ruta), Pablo García (bronce no nacional Sub20 nos 110 m valos), Inés Docampo (participante no nacional de pista de cuberta), Xiana Pungín (medallista en diversos campionatos) e Carlos Revuelta (quinto no nacional absoluto en lanzamento de martelo) e Javier Cid (cuarto en martelo no nacional Sub18).

Neste acto contábase coa presenza de autoridades como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; o alcalde do Barco, Aurentino Alonso; e a concelleira Dosinda Arias.

Fotos: O SIL.

Back to top button