ConcellosEntroido 2026Última horaVídeos

A Morte e os Diabos percorren Vinhais para capturar mozas coa chegada da Coresma

 

Dende o Seminario ata o Largo de Arrabalde. Unha gran procesión, encabeza pola Morte e os Diabos, percorría a localidade de Vinhais, no nordeste de Portuga; na tardiña do 21 de febreiro, no sábado posterior ao Mércores de Cinsa. Nela multitude vestían a pel vermella do Diabo. A comitiva partía contra ás sete da tarde (hora local) da Igrexa de Nosa Señora da Encarnación, onde ás seis se celebraba a misa de imposición de cinsas.

Tras os personaxes da Morte e os Diabos, ía un carro no que estes ían deixando as mozas que ían capturando durante o percorrido, subíndose aos balcóns coa axuda de escadas. Da comitiva tamén formaba parte unha xigantesca figura da Morte e un grupo de gaiteiros.

 

 

 

 

 

No decurso do percorrido había diversas paradas con representacións teatrais, vinculadas á temática das tentacións, do ben fronte ao mal, e xa no Largo de Arrabaldo representábase o ritual no que as mozas son levadas ante a Morte para que bique a súa gadaña, mentres se escoitaba unha singular pregaria de tono satírico.

 

 

 

 

Deseguido tiña lugar o espectáculo da queima da Morte e a relevación do seu rostro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

 

Back to top button