Ata o vindeiro 14 de decembro permanecerá aberta no Centro Cultural Avenida da Rúa, a exposición do XII Concurso de Fotografía Manuel Blanco Pascual organizado polo IEV e composta polas obras premiadas e unha escolma das mellores fotografías de todos os participantes que poderá visitarse de luns a venres de 18 a 21 horas, e os fins de semana coincidindo cos horarios do cine.

A inauguración, realizada na tarde deste xoves 27 de novembro, tiña lugar trala entrega de premios, á que acudían os gañadores e varios concursantes; o presidente do IEV Aurelio Blanco Tricado que abría o acto; o concelleiro de Cultura da Rúa, José Vicente Solarat que daba as grazas ao insituto por escoller o Avenida para amosar as imaxes; o directivo, Julio Pérez que daba unhas pinceladas sobre a vida do fotógrafo Blanco Pascual.


O 1º premio, dotado con 500 euros foi para Lois Prada Ferrer, pola foto Esessss; o 2º con 200 euros para Jorge Fernández Fernández, pola foto Hologramas no Camiño de Inverno; e o 3º con 100 euros, para Margarita Rodríguez Blanco, pola foto Brinde de Don Godello con Doña Mencía. Tamén houbo dous accésit cun lote de libros como premio para Manuel J. Otero Pérez, pola foto Bo Camiño e Herminia Pérez Paradelo, pola foto Entre Pedras.
O acto remataba cunha picada por xentileza do Concello da Rúa.



Fotos: Carlos G. Hervella.