
O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollerá mañá martes, 22 de abril, ás 19:00 h, a inauguración exposición “Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa (fotografías)”.
Procedente do Museo de Pontevedra, a mostra reúne 52 imaxes tomadas polo fotoxornalista Xan Carballa durante os actos levados a cabo en Santiago con motivo do retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao o 28 de xuño de 1984 no aeroporto da Lavacolla, os exteriores de San Domingos de Bonaval e o propio Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, lugar onde foi soterrada a gran figura do galeguismo.
Esta mostra, comisariada por Xosé Enrique Acuña, poderá verse na Ala Sur do Museo até o 15 de xuño, en horario de martes a sábados, de 16:00 a 20:00 horas.
