O centro cultural trivés de Santa Leonor era escenario esta mañá da presentación da exposición Los consejos de Eubaxes, da autora e artista Alejandra Techera Maldonado. A mostra, baseada nun conto ilustrado da propia creadora, propón unha reflexión profunda e emotiva sobre como viven os nenos e nenas a enfermidade do Alzheimer no ámbito familiar.
A través das ilustracións e fragmentos do relato, Los consejos de Eubaxes busca dar visibilidade a unha realidade moitas veces silenciada: a dos cativos convivindo coa perda de memoria, identidade e recoñecemento das persoas que aman. A autora invita a cuestionar se a resposta debe ser o silencio ou, pola contra, o acompañamento activo e afectuoso.

A exposición estará aberta ao público nas vindeiras semanas e constitúe non só unha proposta artística, senón tamén unha ferramenta de sensibilización, pensada para nais, pais, educadores e profesionais do ámbito da saúde mental.
Con Los consejos de Eubaxes, Santa Leonor converteuse hoxe nun espazo para a memoria, a empatía e a aprendizaxe compartida entre xeracións.
Fotos cedidas.