Pór en valor “toda a diversidade e riqueza que houbo e hai no Entrudio do concello. Porque a festa, precisamente, construímola entre todos. Así pois, á parte das comparsas, dos boteiros, da mula e do fulión, intentarase que haxa materiais de aldeas con personaxes senlleiros, como os boteiros e a patumada de Fornelos de Filloás, os bailarís Vilarmeao ou os boteiros antigos de Quintela do Pando”. Este é o obxectivo da mostra “O noso Entrudio, un cachiño de cada casa”, que se inauguraba neste 23 de febreiro na sala de exposicións do Concello de Viana do Bolo.
Reúne diverso material do Entrudio vianés, dende caretas de Boteiro, ata imaxes antigas e diversas prendas dos traxes propios desta tradición no municipio. Poderá visitarse ata o 21 de marzo.
Fotos cedidas.