ConcellosO BarcoÚltima hora

A Motoxeada acércase ao Barco de Valdeorras no seu X aniversario

 

Na mañá deste sábado 13 de decembro, un numeroso grupo de motos irrumpían no paseo do Malecón, no Barco de Valdeorras. Son algúns dos moteiros que participan na Motoxeada, a Concentración Moteira Invernal que celebra esta fin de semana a X edición, chegados dende diferentes partes da península.

 

Parella procedente de Valencia.

 

E precisamente para celebrar o décimo aniversario e dado que a maioría dos organizadores (membros do Colectivo Moteiro Balas Rasas e Asociación Motoxeda) son do Barco ou viven aquí, decidían acercar unha das rutas turísticas ata a capital da comarca de Valdeorras, “para que todo o mundo o coñeza porque, aínda que a maioría das actividades facémolas no concello de Carballeda de Valdeorras, todo é un conxunto”, aseguran, desfrutando dun espectacular día que amencía soleado.

 

 

Despois de tomar uns peticos ao sol, collían rumbo a Sobradelo para regresar de novo á base de operacións, en Fonte da Cova onde pola tarde desfrutarán do tradicional porco ao espeto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button