Melodías tradicionais no día grande das Festas do Cristo no Barco. Caamaño & Ameixeiras actuaban a partir das 23:00h. na praza Maior do Barco, nun concerto que, ademais, poñía o broche do VI Terrasón. Este dúo de folk galego e música tradicional está formado pola acordeonista Sabela Caamaño e pola vocalista Antía Ameixeiras.
Este ciclo, que comezaba en agosto, constitúe un dos eventos máis singulares da contorna con propostas musicais de estilos moi diferentes que se prolongaban ata as Festas do Cristo.
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.