OurenseÚltima hora

‘A música do silencio’ de Vidal Souto, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense ata o 11 de xaneiro

 

A exposición ‘A música do silencio’ do artista ourensán Vidal Souto poderá visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de ourense ata o 11 de xaneiro de 2026.

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a comisaria da mostra, Tareixa Taboada; a irmá do artista, María Carmen Vidal Souto; e o director do Centro Cultural, Francisco González, participaron hoxe na inauguración desta mostra.

Vidal Souto é “un autodidacta que conseguiu converterse nun xigante”, dixo César Fernández, polo que dende o goberno provincial queren “contribuír con esta mostra a poñer en valor tanto a súa persoa como a súa obra, cun repaso pola súa traxectoria, co obxectivo de recoñecer aos artistas que conseguiron levar o nome da nosa provincia polo mundo adiante”, engadiu o vicepresidente do goberno provincial.

‘A música do silencio’ é unha mostra que rende homenaxe ao artista, recuperando a obra inédita que gardaba no seu estudo.está integrada por obras dos anos 90 ata as súas últimas producións, e inclúe pintura, escultura, acuarelas e litografías, cunha especial mención ás obras de gran formato.

Back to top button