CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música en directo volve ao escenario nunha nova Jam Session da man de AMAVA, na Rúa

As bandas locais da asociación ofrecerán un novo concerto dentro do ciclo e interpretarán o seu repertorio de cancións ao vivo

 

A música en directo dos artistas valdeorreses regresa ao escenario este mes de febreiro. AMAVA organiza unha nova cita dentro do seu ciclo de Jam Session, unha serie de eventos pensados para que todos poidan gozar coa interpretación dos músicos da comarca.

O concerto será o venres 27 de febreiro ás 23:30 horas no Esconditte Inglés (A Rúa). Varios grupos da asociación exhibirán as súas dotes no directo, do mesmo xeito que veñen facendo en anteriores encontros.

Aínda que a meirande parte dos membros de AMAVA son intérpretes de rock, dentro da asociación hai cabida para todo tipo de estilos e pode haber sorpresas. Ademais, calquera persoa que cante ou toque algún instrumento sempre é ben recibida.

Por outra banda, desta vez o cartel homenaxea un dos entroidos da nosa zona, o de Viana. Moitos valdeorreses teñen parentes, compañeiros de traballo ou amigos que laten cunha das festas máis antigas do noso país, polo que a asociación quere renderlle tributo.

Antes de rematar, AMAVA quere agradecer as facilidades aportadas polo Esconditte Inglés para que os músicos locais teñan un lugar de confianza onde tocar cara o público.

Imaxes cedidas.

 

 

Back to top button