CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música polifónica de Kantatibus envolve o Mosteiro de Santa Cristina

 

Cheo de público no concerto que a agrupación Kantantibus ofrecía na tarde do 23 de agosto no Mosteiro de Santa Cristina, no concello de Parada de Sil. A actuación formaba parte das actividades de verán organizadas polo Concello de Parada de Sil, neste caso en colaboración coa Deputación de Ourense dentro da programación reaOU, e a entrada era de balde.

Este coro de cámara xurde en 2019 como unha resposta artística ás inquedanzas musicais dos seus compoñentes e interpretan obras de diferentes estilos pezas sacras e profanas dende o século XVI ata o século XXI, tanto a capela como con acompañamento instrumental. Este coro ten como director na actualidade a Mateo Iglesias Seoane.

 

 

Coa súa diversidade de estilos, texturas e afectos emocionaba ao público, quen tamén podía apreciar a excepcional acústica deste mosteiro románico.

Fotos cedidas.

 

Back to top button