DeportesÚltima hora

A Night Trail de Quiroga celebrarase o 6 de xullo

 

Vén de abrirse o prazo de inscrición para a carreira nocturna de Quiroga, que se desenvolverá o sábado 6 de xullo. Esta nova edición trae varias novidades. Unha é o cambio de nome, de chamarse Night Trail agora pasa a Night Run de Quiroga, posto que pasa a ser unha carreira máis urbana, percorrendo os paseos fluviais de Quiroga e Ribas de Sil, e as súas principais rúas.

E tamén incluirá dúas distancias: unha de 10 km, que será unha carreira competitiva, e outra de 6 km que será unha Andaina non competitiva. E tamén se retoman as carreiras para menores. Entre ás nove e media da noite ata as dez e media, hora de saída da carreira absoluta, realizaranse carreiras para os máis pequenos, con inscrición gratuíta.

 

 

Outra das novidades é que o lugar de saída e de chegada pasa agora a ser a praza da rúa Lago, no corazón de Quiroga. As persoas interesadas en participar xa se poden anotar na web campionchipnorte.com abonando o prezo da inscrición de 5€, agás na última semana cando este prezo será superior.

Artigos relacionados

Back to top button