EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Noite Branca do CCA viste de celebración e descontos o comercio barquense

 

O son tradicional dos Charangaiteiros marcaba a partir das 20h. o inicio da XII Noite Branca do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Un total de 23 establecementos, especialmene engalanados para a ocasión, sumábanse a esta iniciativa que dun xeito festivo busca dinamizar o comercio con descontos en produtos de tempada e tamén agasallando aos clientes con diversas degustacións (de petiscos, doces, sangría, viño, refrescos ou auga).

Eran Ana de la Puente, Ana Óptica, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Can Can, Casabella, D´Chus, Eneska, Foot on Mars, Garoba, Klaus, Koki, Mercería Carmiña, Miranda X, Modas Toño, Montglam, N37, O Bambán dos Sorrisos, Pili Confecciones, Tríos 2.0, Zapatería Moral, Zapatería Palpié.

 

 

Por outra banda, dende as 21:00 horas, un Mago actuaba na Praza Maior do Barco para axudar aos máis pequenos a gozar da velada. Despois era a quenda do grupo Os Rokkens.

Como broche desta Noite Branca ás 23:00 h. realizábase un sorteo dun vale de 500€ entre todos os participantes que debían estar presentes na propia praza. A ganadora era Mencho co seu tícket de Montglam.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button