ConcellosLaroucoPetínÚltima horaVídeos

A nova Federación Veciñal Ourense Importa presentarase o 17 de outubro na Portela de Portomourisco

 

O vindeiro sábado 17 de outubro terñá lugar na Portela de Portomourisco (Larouco-Petín) a presentación da nova Federación de Asociacións de Veciños Ourense Importa.

O propio colectivo convoca ás asociacións veciñais da comarca de Valdeorras e limítrofes a unha reunión informativa na que se dará a coñecer a constitución desta nova federación, así como os seus principais obxectivos, liñas de traballo e proxectos de futuro.

“A reunión pretende servir tamén como punto de encontro co tecido asociativo da comarca, facilitar o coñecemento mutuo entre entidades e explicar os aspectos necesarios para que aquelas asociacións que o consideren de interese poidan integrarse e pasar a formar parte da Federación”, explican, asegurando que durante o encontro poderanse formular preguntas, aclarar dúbidas sobre o funcionamento da Federación e “coñecer as condicións e pasos necesarios para formalizar a incorporación das entidades interesadas”.

A presentación terá lugar ás 20 horas no local da AAVV A Portela (estrada xeral, 14-A Portela, Portomourisco).

Back to top button