A nova secretaria da Unión Local da U.L. CIG-Valdeorras, María Carmen Calvo Gil, vén de iniciar unha rolda de contactos con rexedores da comarca para presentarse oficialmente e abordar temas de interese para os traballadoras e á cidadanía en xeral. En concreto abordábanse temáticas como emprego, saúde laboral, en especial o relacionado coa silicose no sector da lousa; e “tamén o problema da sanidade pública que padecemos nesta bisbarra”, sinala a CIG-Valdeorras.
Ademais, dende esta central sindical apuntan que “nas vindeiras semanas seguiremos tendo estos encontros co restos dos alcaldes e alcaldesas da nosa comarca, e tamén no ambito de actuación da CIG-Valdeorras, que comprende as Terras de Trives e Viana do Bolo”.
Nestas imaxes cedidas pola CIG-Valdeorras aparecen os seus representantes con rexedores do Barco, Vilamartín, A Rúa e Carballeda de Valdeorras.