Teatro no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil. O vindeiro sábado 19 xullo ás 19h. poderá verse a obra “Castelao” de Culturactiva. A obra presenta a un Castelao neno na súa vila natal, “divertido, feliz, alegre e aventureiro”.

Deste xeito, o Concello de Parada de Sil co seu alcalde á fronte, Aquilino Domínguez, súmase á celebración do ano adicado a Castelao en colaboración coa Deputación de Ourense a través do programa reaOU.
O espectáculo terá entrada gratuíta ata completar aforo e pode facerse reserva no 689683713 ou en info@paradadesil.es
A obra está ao cargo do equipo de Culturactiva S. Coop. Galega. Fina Calleja, como directora e Paula Carballeira como autora, levan ás táboas do teatro a figura de Alfonso R. Castelao, posiblemente o maior referente cultural do noso país.No escenario estrán Mónica Caamaño e Cris Collazo
“Este proxecto é imprescindible para que o público máis mozo coñeza, a través da súa infancia, a vida e obra dun xenio irrepetible”, din dende o Concello de Parada de Sil.