CulturaCulturaÚltima hora

A obra das pintoras valdeorresas Lola Doporto e Amparo Ribeiro, na mostra itinerante polo Camiño Portugués, de Lisboa a Santiago

 

Muíños de O Picón e O Folón, a través da pintura no Camiño Portugués”, unha mostra artística en homenaxe a unha das paisaxes etnográficas máis singulares de Galicia, obras asinadas por artistas plásticos, tanto de Galicia como alen Miño, comisariada polo rosaleiro, Manuel Estévez, recolle interpretacións pictóricas do enclave baixomiñoto de O Picón e O Folón. Entre elas figuran as artistas valdeorresas Lola Doporto (Millarouso, O Barco) e Amparo Ribeiro (A Rúa).Trátase dunha exposición itinerante polo Camiño Portugués, de Lisboa a Santiago de Compostela.

Trátase igualmente dunha homenaxe a dúas figuras fundamentales, os inesquecibles, aragonés Xosé Antonio Labordeta e Nemesio Castro, o último muiñeiro de Martin, loitador incansable polo entorno etnográfico.
Unha idea pensada durante a pandemia, momento que Estévez Diego, conectou de estudio en estudio con creadores de diferentes lugares xeográficos, de Galicia a Baleares, pasando por Aranda de Duero (Burgos), Sevilla, Burgos, así como unha ampla representatividade galaica, inclusive as creadoras de Valdeorras, Amparo Ribeiro de A Rua e Lola Doporto de Millarouso, que se incorporarán nas próximas exposicións o longo da Ruta Peregrina que une a capital de Galicia co pais veciño, Santiago de Compostela e Lisboa.

Despois de varios anos de traballo, tivo lugar a primeira mostra na Casa dos Alonso, no Concello de A Guardia, punto inicial e una segunda no Pazo de Mos, entre Porriño e Redondela.

 

 

Marietta Quesada, (Nigrán), Puri del Palacio (Vigo); Verónica Alcácer (Burgos); Antonio Abad, (Tui); Xulio Fontes, (Quintela de Leirado, Ourense); Amelia Palacios, Alex Vázquez, Mauro Lomba, os tres de Pontevedra; Agustín Bastón, Cangas de O Morrazo; Alex Méndez. Cuba; Ana Cancela, Meaño, Pontevedra; Ana P. Serres,Sevilla; Ánxeles Jorreto, Vigo; Antonio Martínez “Cachi”, A Guarda, Pontevedra; Carlos Padín, Baiona; Daniel Manfredi, Aranda de Duero, Burgos; David Quinteiro, Gondomar; Diana Cordero, Vigo; Galia Blanco, Pontevedra; Irene Parga Todoroff, A Coruña; Xosé Miranda, Vigo; Lucia Corrochano, toledana de Talavera de la Reina; Manuel Cerviño, Bueu; Margarita Forteza, Palma de Mallorca; Orlanda Gomes, Madeira, residente en Lugo; Waldirene Fraga, Minas Gerais, Brasil, con domcilio en Pontevedra; Paco Santomé, Vigo; X. Andrés Serrano, A Coruña; Nolo Suarez e Mareiras, amboslosdous de Santiago de Compostela; Olaia Buceta, Vilagarcia de Arousa, Pontevedra; Natalia Golovastikova, rusa, afincada en O Baixo Miño; Arturo Dapena, Vigo; Fernanda Fernández, Vigo; Conchi Cuadrado, Nigrán; Camilo Camaño Xestido, Cangas de O Morrazo; Johana Soldevilla, Navarra; uns e outros que non dudaron en trasladar as telas o enclave de O Picón e O Folón para dar a coñecer a través da pintura, en Museos e Salas ubicadas a beira do Camiño Portugues, entre a capital lusa e a de Galiza, Lisboa e Santiago de Compostela.

Back to top button