CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

A organización da XXV Convivencia de Educación Infantl Cholo e Nela publica un vídeo resume desta edición

Foto: A.R.

 

Xa está aquí o tradicional video-resumo da XXV Convivencia “Cholo e Nela constructores de brinquedos” celebrada no noso CEIP Julio Gurriarán do Barco o pasado 28 de maio.

Menudos recordos!! Risas, bailes, música, fraternidade, brincadeiros e unha chea de actividades que fixeron desta xornada un día emocionante e apaixoante.

Un ano máis fomos quén de facelo posible!

Desde a Organizacion da Convivencia e desde o Colexio queremos expresar o noso mais sinceiro agradecemento aos nenos e nenas, mestres e mestras, pais e nais e a todos os Colexios e persoas colaboradoras nas distintas actividades polo seu esforzo, bo humor e paciencia.

Sen a axuda de tod@s vós a Convivencia non sería posible!

O noso agradecemento tamén á Xunta de Galicia, Concello do Barco, Equipos de dinamización da Lingua, CFR Ourense, Garda Civil, Policia Local, GES Valdeorras, Protección Civil, Mantesil, GADISA, Segundo Grandío (Casa de Tolos), IES Martaguisela e todos os amig@s da prensa e diferentes medios que quixeron dar relevancia a esta xornada.

Agradecemento moi especial para os compañeir@s do CEIP Julio Gurriarán polo seu traballo arreo durante ese día e os anteriores na montaxe e deseño da decoración.

Grazas ao persoal de limpeza e do Servizo de Comedor con María á fronte polo seu esforzo e ánimo.

E graciñas con moito agarimo tamén para Carlos Álvarez polo seu traballo sempre desinteresado e por ser capaz de condensar toda esta frenética xornada nuns poucos minutos!

Para rematar os agradecementos non queremos esquecer aos compañeir@s integrantes dos Seminarios de Organizacion por estas vintecinco edicións desta tolemia chamada Cholo e Nela!

Grazas a tod@s!
VIVA CHOLO E NELA!!

Texto: Seminario organizador da Convivencia Cholo e Nela.

Vídeo: Carlos Álvarez.

 

 

Back to top button