Xa na madrugada deste luns 3 de agosto, A Rúa despedía as festas de verán coa espetacular actuación da orquestra Kubo, famosa por montar un escenario xigante 29 metros de ancho e 11 metros de alto, construído mediante dous tráileres unidos) e ofrecer un potente espectáculo visual dentro da súa xira Golden Tour cun repertorio variado para todos os públicos para o cal recuperaba ao acróbata Manuel Albariñas.
Collía o relevo do grupo Arizona, no Aguillón, completando musicalmente a xornada na que tamén actuaba a charanga Fuego, cun pasarrúas pola vila; e disputábanse as finais do torneo de tenis.
Hoxe xa non hai festas pero as atraccións seguen e estarán a metade de prezo.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.