
O Concello de Quiroga vén de facer público o programa das festas de verán. Cinco intensas xornadas que comenzarán o xoves 7 de agosto e rematarán o luns 11 con actuacións tan destacadas como Roy Casal, Luar na Lubre, a orquestra Panorama ou grupos como Assia, América e o local Mario Colomán & The Clocks Band.
As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local Mario Colomán & The Clocks Band ás 23h. na praza España para rematar neste mesmo lugar coa disco móbil Eme Music.
O venres, un espectáculo de teatro para público infantil e familiar A nena lentella, a cargo de Olga Abad. Ás 23h. na praza España actuará o músico, compositor e cantante galego Roy Casal. Roy Casal formou parte do grupo Milladoiro, e xa se achegou ata Quiroga dende que comezou a súa carreira en solitario presentando o seu álbum Son Galego, Son Cubano. Pasada a media noite, o grupo Assia, cuarteto asturiano que tanto éxito tivo nas pasadas festas de verán, actuará na rúa Real.
O sábado día 9 de agosto pola mañá, na praza do Auditorio haberá maxia, co Mago Antón. O “magomóvil” achégase ata Quiroga para celebrar os 50 años de maxia deste mago, cun espectáculo que reúne os seus mellores números e novas ilusións nunca vistas. Pola noite, a partir das once na praza España Luar Na Lubre, o grupo más internacional do folk en Galicia, presentará Luar Na Lubre XX. Encrucillada. Un concerto con algúns dos temas máis emblemáticos de su amplo repertorio nos seus 40 anos de historia.
Ao seu remate Conductores Suicidas achegarán a música de Joaquín Sabina co seu tributo a este cantante. Oito músicos riba do escenario para homenaxear as cancións do artista no espectáculo máis respectuoso e fiel no que se mostrará un show reflexo dos directos de Sabina, recorrendo todas as etapas da súa carreira, dende a época de Viceversa ata a actualidade.

O domingo día 10, celebrarase tamén a XXXIV Mostra do Mel. O recinto feiral, no que se poderán adquirir mel das diferentes subzonas de Quiroga coas súas variedades específicas, abrirá ás once da mañá. Desaustronauts animará a xornada co seu Circo Doble Espresso, un espectáculo de circo áxil, divertido e moi habilidoso, no que os artistas circenses Raquel e Girisho usan o trapecio, tea aérea, hula hoops,…
Nesta xornada ao igual que na do sábado, ás 13h. o grupo NoAllKansas, encargarase de animar a sesión vermú cos éxitos máis emblemáticos das décadas dos 70, 80 e 90 cun toque moderno. E para rematar, no aparcamento do CEIP de Quiroga, actuación da orquestra Panorama que trae o seu espectáculo Epic Tour 2025.
O luns día 11, derradeiro día dos festexos, tirada de fogos artificiais dende a praza de España, para rematar coa actuación do grupo América.
Tampouco faltarán os deportes durante estes días. Quedan actividades por pechar pero xa está confirmado que se volverán disputar os torneos de Street Soccer e Street Volley nas pistas do Parque da Constitución.
Para a elaboración deste amplo programa o Concello de Quiroga conta coa axuda da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e do Plan Deputación 2025.