ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A orquestra París de Noia enche co seu espectáculo o campo da festa, no Barco

 

O apartado musical e moi especialmente o das orquestras é sempre o prato forte das festas e o Cristo do Barco non é unha excepción. Así o demostra o campo da festa, cheo de xente na tarde deste domingo 14 de setembro para ver e escoitar a París de Noia que nunca defrauda.

 

 

Falar de París de Noia é retroceder no tempo ata o ano 1957. Co título de ser unha das mellores orquestras de Galicia, neste 2025 a súa xira leva o nome de Xira do Sua-Sua e ten como grande atractivo a participación de Blas, unha das voces máis recoñecible do grupo. Quince persoas máis, entre músicos, cantantes e bailaríns, acompáñano enriba do escenario para ofrecer, neste día grande das Festas do Barco, a mellor música tradicional e os temas máis contemporáneos acompañado: de diferentes performances inspiradas el shows de artistas internacionais.

 

 

O primeiro pase, antes dos fogos artificiais duraba unha hora, volvendo na verbena, a partir da unha para o segundo pase.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button