Ás 14.48 horas deste 9 de setembro quedaba extinguido o incendio de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Iniciábase ás 14.56 horas do pasado sábado e finalmente afectou unha superficie de 1.020, das cales 770 correspóndense con monte raso e 250 arborado, segundo infoma a Consellería do Medio Rural.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 33 axentes, 54 brigadas, 34 motobombas, 4 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 4 avións. Resultaba un incendio moi complexo no que os medios de extinción amosaban a experiencia.
Entre as zonas nas que o incendio deixaba a súa pegada estaban as antigas minas de volframio de Valborraz, tal e como pode comprobarse nestas imaxes.
Fotos cedidas.
