
A Piscina Municipal de verán do Barco está xa lista para abrir as súas portas mañá, día 21 de xuño, no horario habitual, de 12,30 a 20,30 horas. As entradas terán un prezo de 1,50 euros para nenos de ata 14 anos, e 2 euros para os adultos. Tamén se poderán adquirir bonos para toda a temporada, cun prezo de 19,21 euros para nenos de ata 14 anos, 38,55 euros para adultos, e 77,59 euros no caso do bono familiar, segundo informa o Concello do Barco.
Ademais, durante os meses de xullo e agosto haberá cursiños de natación con prazas reducidas. Toda a información ao respecto pode solicitarse nas propias instalacións da piscina.