ConcellosTrivesÚltima hora

A Pobra de Trives recibe un novo tractor para reforzar a prevención de incendios forestais

 

O Concello da Pobra de Trives participa no programa de colaboración impulsado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia para a adquisición de tractores e outra maquinaria, como rozadoras, destinado a concellos e mancomunidades da provincia, no marco da prevención e loita contra os incendios forestais e o mantemento da contorna rural.

“Desde a alcaldía solicitouse a subvención, que foi concedida, o que permitiu que o municipio dispoña xa do tractor, unha ferramenta clave para reforzar os labores de limpeza, conservación do territorio e prevención de riscos”, aseguran, destacando que esta actuación “reforza o compromiso do Concello coa protección do medio rural, a seguridade da veciñanza e a mellora dos servizos públicos municipais”.

 

Back to top button