OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense detén a un home por un presunto roubo con forza nun establecemento de aloxamento

 

A Policía Local de Ourense detivo esta madrugada a un home de 41 anos nunha intervención por un presunto roubo con forza nun establecemento de aloxamento situado na avenida de Marín.

Tal como explican dende o Concello, “a actuación iniciouse ás 04.53 horas, tras recibirse un aviso sobre unha persoa que estaría a acceder ao inmoble por unha fiestra mediante escalamiento”. Unha vez no lugar,  osaxentes observaron movemento no interior e estableceron un perímetro de vixilancia e seguridade para localizar ao sospeitoso.

“Ao acceder ao establecemento, unha hóspede solicitou auxilio e manifestou que sorprendera a un descoñecido no seu cuarto mentres revisaba as súas pertenzas. Segundo o seu relato, o home fuxiu cara ás plantas superiores cando ela pediu axuda”, indican dende o Concello, engadindo que os policías “localizaron ao sospeitoso, que, de acordo co parte da intervención, enfrontouse a eles empuñando unhas tesoiras e utilizándoas contra os axentes. Estes repeleron a agresión, reducírono e procederon á súa detención.Durante a actuación interviñéronse unhas tesoiras e unha espátula”. O parte recolle que esta última podía ser utilizada para forzar o acceso ao cuarto, extremo pendente de esclarecemento.

A intervención permitiu auxiliar á hóspede e deter ao presunto autor. “Instrúense as correspondentes dilixencias xudiciais”, din dende o Concello de Ourense pon en valor o labor da Policía Local na atención ás persoas que solicitan auxilio e na resposta a situacións de risco para a seguridade cidadá.

Back to top button