OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense refórzase con 13 novos axentes que comezan o seu período de prácticas

 

Pechando o mes de xuño, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome e o concelleiro de Seguridade Cidadá José Ignacio González, recibían no salón de plenos aos 13 novos axentes que se incorporan á Policía Local de Ourense. “Logo dun rigoroso proceso de selección, súmanse ao cadro de persoal do servizo municipal como parte da oferta de emprego público de 2020”, aseguran dende o Concello.

Os novos membros do corpo policial inician o seu período de prácticas, que terá unha duración de tres meses. Durante este tempo, recibirán formación práctica intensiva para familiarizarse cos procedementos e o funcionamento da Policía Local de Ourense. Ao finalizar este período, incorporaranse oficialmente como funcionarios de carreira, reforzando a seguridade e o servizo á cidadanía.

O goberno municipal valora a chegada destes novos axentes como “un paso importante para garantir a seguridade e o benestar dos habitantes de Ourense. Os seus coñecementos e enerxía serán fundamentais para responder aos desa-fíos que presenta a cidade”.

Back to top button