En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Policía Local do Barco vístese de gala para honrar ao seu patrón, San Mauro

 

Un ano máis e fieis á tradición, na fría pero soleada mañá deste mércores 15 de xaneiro os membros da Policía Local do Barco de Valdeorras vestíanse de gala para honrar ao seu patrón, San Mauro.

 

 

Co anuncio dunha sesión de bombas e a música da charanga Brisas del Sil, ás doce horas comezaba a procesión polas ras rúas da zona vella da vila co santo a ombros dos municipais seguido polos fieis ata completar o percorrido e regresar de novo á igrexa de San Mauro, onde tiña lugar a eucaristía presidida polo párroco Jesús Álvarez e cantada polo Coro de San Mauro.

 

 

Trala celebración relixiosa, á que tamén asistían membros da corporación municipal barquense, da Garda Civil e da Policía Nacional, a charanga animaban aos asistentes a botar un baile antes de que os axentes da Policía Local do Barco, amigos e familiares compartiran un aperitivo no pavillón vello do Barco, brindando polo patrón.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button