OurenseÚltima hora

A Policía Local recomenda utilizar itinerarios alternativos desde o martes por obras na N-525 entre Ourense e Rante

 

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a partir do vindeiro martes, 13 de outubro, executaranse obras de reparación na estrada N-525, no tramo comprendido entre a cidade e a localidade de Rante, no municipio de San Cibrao das Viñas.

As actuacións, a cargo do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, prolongaranse ata o 13 de novembro e prevese que poidan causar retencións na circulación nos accesos ás zonas industriais. A Policía Local recomenda evitar a N-525 neste tramo e empregar como vías alternativas a autovía A-52 e a estrada de Trives.

Os traballos forman parte do proxecto estatal de emerxencia para a reparación e estabilización de noiros de desmonte, necesarios tras os danos provocados polas sucesivas borrascas rexistradas na provincia.

Back to top button